miércoles, marzo 17, 2004

Boas! Vexo que hai xente que visita a páxina pero que non deixa comentarios. Que sepades que é gratis, eh? Así tamén sei que ledes o que escribo, e se non vos interesa un carallo podedesmo dicir igual :D Pero quero ver algún comentario xa! :)
Fora brincadeiras, hoxe é o primeiro dia que escribo dende o cambio de governo. Non sei moi ben onde remataremos, pero isto cheira. E cheira ainda mais que o BNG perdera un escano, a nosa comunidade vai sempre por debaixo. Amolame moito a forma e pensar en xeral dos galegos, agora que o meu traballo me esixe estar a falar con eles para intentar venderlles unha tarifa dunha compañia telefonica, sempre respostan que mais vale malo coñecido. E asi pensamos para moitas cousas, por eso isto está quedo, non se move nin se moverá ata que decidamos que hai que tirar para adiante en todo. Teño falado con canarios, cataláns, cántabros... e os galegos damos unha imaxe de pobo vello, obcecado, que acepta o que lle boten por non mover un dedo. Dame moita magoa que aturemos tanto o que nos botan.