domingo, mayo 09, 2004

Merquei o primeiro disco de Ávalon (Lúa Meiga), que non o tiña. Gústame máis este que Beltaine. Espero que saquen máis!
Onte fun ó Maeloc, na Praza de San Pablo. Teñen un cartel enorme de Skyedance no teito, sae Eric Rigler tan guapo coma sempre (xa sei que os meus gustos son rariños, que lle vou facer). Nunca fun a este bar de día, poñen boa música? A de pola noite é merda da que poñen en tódalas partes. No Matthew's tamén fan igual. O único que me queda son as Covas e a Casa da Lubre e paso deses sitios. Parecen un pouco sectarios.
Teño que cambiar de ruta, pero iso impricaria cambiar de amigos e como xa teño poucos non convén.
Teño que coñecer xente nova, pero non sei onde.