lunes, abril 26, 2004

Veño de ver a Liam O'Flynn. Que vos vou contar! O concerto, impresionante, Liam impresionante, os musicos impresionantes... A xente case non se movia, houbo palmas, si, pero podía ter habido máis. Por deus! Que tocaba un reel e estaba todo o mundo quedo no asiento! A min íanseme os pés.
Dixo que lle gustaba moito A Coruña, que se asemellaba a Irlanda.
A miña nai pasouno en grande, di que se apunta a tódolos meus concertos, jaja, xa non terei que ir soa en plan friki.