viernes, abril 09, 2004

Hai un tempo fun a un concerto de Ávalon. Cando llo comentei a un rapaz dixo que el non iría nin tolo. Sen embargo ali estiven eu. Eramos moi poucos no concerto, 10 ou asi. Sen embargo elas tocaron con moito gusto. Ten que dar magoa ver que non enche-las salas. Si, a sua musica e sinxela, pero fermosa. ¿Que podia ser mellor? Por suposto, pero son un bo grupo. Estounas a escoitar agora, a cancion que mais me gusta é a Muiñeira de Folgoso. Teñen uns arranxos bós. Xa podian sacar outro disco, que teño estos aburridos! :D

Cando coñecín Noitébregos amoseinos a un amigo de Madrid ó que lle gusta moito este tipo de música (ainda que el prefire o Afro Celt Sound System ou como se chamen, aj >_<). Díxome que lles faltaba un bó productor. Pero coño, son moi bós! Teñen unhas cancións tremendas! ¿Por qué ninguén no Governo fai nada por eses grupos?
Pasa o mesmo que coa literatura galega. Moita Real Academia, moita carallada, pero á hora da verdade non tiran polo noso (cantos problemas tiven eu nos exames de galego porque escribia mai -mai dise na zona de Lugo- en vez de nai).
O mesmo que hai grandes grupos (aúpa Guezos!!!) hai grandes escritores. Gustame moito Suso de Toro. Sempre denuncia a censura que sofre e o pouco apoio que ten.
Dame algo de medo pensar que a miña curmá entende o galego pero non sabe falalo moi ben, porque coma ela hai miles de nenos en Galicia. A cultura pérdese pouco a pouco. Hai que ser burro para deixar que isto pase.
En fin, é o que hai.
alon