jueves, abril 08, 2004

Hoxe lembrei cousas de cando era pequena. Houbo unha epoca na que eu vivia cos meus avós, e cada mañá, cando o meu avó ía afeitarse eu ía detras. Botabamosnos a espuma de afeitar pola cara, e eu miraba para el. Cando el remataba, viraba a maquina de afeitar para que non me cortase, e quitabame a espuma da cara como se eu tamen me estivera afeitando.
A miña avoa era desas de "as mulleres na cociña", pero comigo non tiña nada que facer. O meu avo nunca me esixiu ser de ningunha forma. Eu son a sua neta, e nacin nena. E se eu queria afeitarme, por que non? Era un xogo :)
O meu avo vai velliño, pero esta feito un mozo. Planta patacas e leitugas na horta (ainda non conseguiu que lle saisen tomates, di que é polo aire que lle ven da refineria). Nunca foi só avó, senon tamen pai e irman maior. Era o que me daba torta cando os meus pais mo prohibian, e o que me levaba a tomar xelados dicindo que só ia dar unha volta.
Teño ganas de velo, a ver se ven pronto para Coruña.
Non sei que farei o dia que non estea. Hai 3 anos morreu a miña avoa. Queriaa moitisimo, ainda que non tiñamos a relacion que temos o avó e mais eu. Ainda hoxe cando penso nela teño ganas de chorar. Botoa moitisimo de menos. Se isto é asi coa miña avoa, non quero nin pensar como sera cando pase co meu avo.
De todolos xeitos, estea aqui ou non, seguireino a querer moitisimo.