domingo, marzo 21, 2004

Oláaa! Viñen hoxe do pobo, fun ver ó meu avó, de paso levei a GameCube e fíxoseme máis levadeiro (os comentarios do meu pai sobre o infantil que son ó verme xogar ó Zelda son xeniais). Gustame ir a Rioxoan, pero desta vez ía cansa polo traballo e non tiña ganas nin de paseos nin de nada. Botei unha man para parti-la leña, iso sí, que a calefacción vai por caldeira e non queria pasar frio :D
O mércores remato de traballar por fin! Falei cunha antiga compañeira de cando estaba en Atento e seica pagaron as vacacións mal no finiquito, teño que pasar por ali a recoller un cheque, juju, $_$. E o xoves irei a entregar curriculums, probablemente vaia a Eurocen, que se encarga do 609 de Movistar e pagan ben. Asi preparo unhas oposicións co diñeiro que gañe, porque onde estou agora é moito traballar para un soldo noxento.
E unha nova, o xoves 29 de Abril ás 21h concerto de Liam O'Flynn no Rosalia. Este non o perdo! É probable que vaia soa, asi que alguen se anima podiamos ir xuntos (arduina@telefonica.net). Para este e para moitos mais, ós meus amigos non lles gusta a mesma música que a min e adoito a ir soa, a Ortigueira tamén teño pensado ir (por favor, que veñan Skyedance e Gwendal!!). E se queredes ver máis concertos, a páxina que eu uso é Ghastas Pista?, por ela atoparedes estas e outras cousas.
Vou a darlle ó Zelda, estase poñendo interesante :)