viernes, abril 02, 2004

Canto tempo!
Con este turno de noite no que traballo, paso as mañás durmindo. Espero que hoxe non haxa moitas chamadas, en teoría é a "operación saída", e non creo que dende os autos queiran navegar por internet.
Sigo en tension polo concerto de Liam O'Flynn, quero traballar un festivo para que me dean un dia libre e asi poder escoller o do concerto. E tampouco sei se poderei ir a Ortigueira... Iso si que seria terrible :(
Os compañeiros imos ir todos hoxe a tomar algo á saída do traballo, a ver que atopamos aberto, jaja.
Escribiume unha compañeira coa que vou ir a Irlanda no vrao a traballar, está a estudiar un certificado de Cisco, cun pouco de sorte remata nun par de meses. Non sei que traballo pedir en Irlanda, pensei primeiro en camareira de pisos (limpar vateres e cousas asi en hoteis) pero agora tentame o de ser camareira de pubs. Por unha parte, aprenderia moito ingles (e gaelico!) pero por outra podo non entender o que me pidan os clientes! E claro, se son camareira de pisos, como non fale coas camas... Se alguén ten algunha idea ou foi a Irlanda e é tan amable de guiarme un pouco, agradeceríallo moito.
Hoxe entro ás 18h, vou facer tempo rematando de ler El Misterio de Salem's Lot. E mañá pola mañá achegareime ó Corte Ingles a mercar uns libros de Lovecraft que vin que estan baratiños.