sábado, junio 19, 2004

O meu mozo foi a Verin (el é de ali) porque era o santo dos seus avós, vouno ter 3 dias menos do que pensaba. Cagouna nun exame de Selectividade. Se non lle da a nota vai para Salamanca!
Ogallá se quede, non me fio nas relacions a distancia, xa estou escarmentada e sempre rematan mal. E non quero que el o pase mal, se se vai lonxe vaille custar moito centrarse, é un coitadiño. Sintome coma se fose a súa nai.
É que é raro, nunca estivera asi, recorrendo media Coruña para velo so cinco minutos, ou facendo filigranas no traballo porque non aturo mais de 2 dias sen velo. Non podo parar de facerlle agasallos, e cando paso por algun sitio e vexo algo que me gusta, penso en mercarllo. Só quero que sexa feliz, dame igual como.
Tiven mais mozos pero con ningun me pasaba isto. Non rifamos case nunca, cando eu me poño tonta el atura todo o que lle boto... Só levamos xuntos un ano e medio e non sei o que faria sen el. É ó mesmo tempo o meu amigo, o meu mozo e o meu irman.
Os dias pasan rapido, parece que nos coñezamos de toda a vida. A nosa relacion esta chea de pequenas cousas que me fan feliz.
Se me poño a falar del non remato, jaja. Só espero poder disfrutar del un pouquiño mais.