miércoles, junio 16, 2004

Hala! Xa me apuntei á carallada esa das oposicions! Apunteime para subalterno e para auxiliar administrativo. Non teño que facer exame de Galego porque por estudialo na escola dende pequeniña deronme o titulo de Iniciacion e Perfeccionamento (e menos mal, porque en galego escrito estou moi verde, confundo o galego normativo co castrapo, son parecidos). A verdade é que nos Novos Ministerios foron moi amables conmigo, levaba un titulo mal compulsado e fotocopiaronmo ali, e voltarono a compulsar :)
Coas coñas pedin traballar pola tarde, asi que estarei no Alcampo hoxe. Quedei ás 9 coa miña antiga compañeira de traballo (deixouno, ofreceronlle outro) e non apareceu. Non sei se lle pasaria algo, é moi raro que non me avisara.
Tamen me chamaron da Cruz Vermella, mañá serei oficialmente vontaria ^_^, teño que ir entregar unhas fotos. Fun ó curso antonte e foi moi divertido. Vaia elementos que ali habia! Jaja, habia un señor deses tipo Viva franco! Viva la caza! rosmando todo o rato, e outro dicindo que entre tanto curso e tanta entrevista non iamos empezar as labores de vontariado nunca, que el veia moita burocracia, jaja.
E agora veño do ximnasio. O monitor quereme mataaar! Levo anos e anos facendo sillon-ball e agora pesame o cú! Doeme todo (o corpo)! Pero, como di a miña sabia madriña, "para presumir hay que sufrir".
Vou xogar un pouco ó Tomb Raider Unfinished Business. Conseguin facer que funcionase a tarxeta grafica nova na particion de Win98SE, ata agora non recoñecia os drivers como validos.
O meu mozo estase a examinar agora da Selectividade. Que nerviosa estou, se saca menos dun 6 vaiseme para Ourense ou para sabe deus onde.