miércoles, junio 09, 2004

Hoxe vendin moita loteria. Pola mañá fun á manifestacion polo convenio do telemarketing e vendinlles ós meus compañeiros 9. E pola tarde fomos a Alcampo.
Habia ali un homiño vestido en plan pobre que falou moito connosco. Cheiraba a viño e tiña os ollos vermellos. Primeiro mercou 2 cupons. Logo preguntou pola pucha da Cruz Vermella, e lle dixen que só a regalabamos cando se mercaban 10 cupons (50 euros). Total, que o homiño empezou a dicirnos o que nos din todolos vellos, jaja, pero son amables. O caso é que ó rato voltou cun billete de 50 euros. Dinlle a pucha, e á miña compañeira mercoulle 4 mais. Sintome moi culpable, en total son 80 euros en loteria. A miña compañeira dime que estaba borracho e que son 80 euros que non gastará en viño, pero non sei, ó mellor só queria conversa.