domingo, mayo 30, 2004

O primeiro: Estou rematando xa a 5ª tempada da serie de Stargate. Se alguen ten a 6ª e a 7ª e pode emprestarma agradeceriallo moito, por suposto se eu poidera empestarlle algo fariao encantada.
Vaia morro, jaja.
Estou cos ollos como duas laranxas. Onte atopei o meu limite co tequila. Triste pero certo. E nunca mais. Non me gusta perde-lo control, atópoo denigrante. Non me pasei, pero deume por chorar, foi moi raro porque non podia parar.
Que noxo, nunca nunca mais.
Na comunion do meu curman paseino ben, tocoume xantar na mesa cos curas, puaj! Que par de machistas de merda! Se xa non me gustan os curas estes menos. Ó rematar de xantar funme de alí. Vin ó meu curmanciño Nachete, parece Shin-Chan! Jaja.