miércoles, mayo 12, 2004

Tiña escrito un monton de cousas pero a merda esta do editor borroumas ó poñer unha ligazón.
En esencia estaba a falar de Gwendal, agora estou escoitando o disco Glen River, pero o disco que mais me gusta é Irish Jig, e a cancion Irish song. Resulta curioso coma os instrumentos van cada un ó seu, coma se estiveran improvisando, e ó final da cancion tocan todos xuntos a mesma melodia.
Hai uns anos veu Gwendal á Coruña a un dos concertos de Noites Celtas (a ver que nos trae este ano Paquete, unha vez veu Eric Rigler :-)~ ). Recordo que tocaron Deu tu ganeme (alguén sabe o que significa?) en directo, e que directo!! Habia un rapaz violinista chamado Patrick que tocaba moi ben.
Hai un tempo escoitaba moitísimo a Skyedance, seguenme a parecer uns musicos boisimos, pero Gwendal ten outro estilo. Fan unhas mesturas impresionantes. Gustariame poder voltar a velos en directo. Actuan (creo) o mes que ven en Lorca. Para mais info mirade en http://www.syntorama.com.
Quen me dera poder ir!