miércoles, mayo 26, 2004

Agora que estou facendo vida social de blogs doume conta do cutre que é o meu, jaja. Pero voume poñer en serio con el. Teño pendente de facer unha web para unha compañeira do traballo, e cando remate con ela quizais faga eu unha sen xestores predeseñados nin nada diso, fareino eu.
E se non, polo menos tentareino :P
Polo pronto, como se supón que o que eu quero é coñecer xente vou poñer o meu messenger por algures (a risco de que alguén coñecido me atope e lea isto. Se ti que me estas a ler es alguen coñecido, nin se che ocorra seguir lendo. Ea)