martes, mayo 25, 2004

Boas!
Estou leda, vexo que o que escribo non o lé só Diego. Xa sumo dous lectores con él e con Lughnasad. Que vergoña, jaja.
Non teño nada importante que contar, só que este sabado ía ir a Madrid a ver a unha amiga escritora e mais a un amigo de Portugalete á feria do libro pero non pode ser porque teño q comunión do meu curmán. A ver se polo menos me libro da misa, brr.
Como estou animada tamén decidín que me vou apuntar a un ximnasio para poñerme algo mais decente. O meu pobre pai dí que non me cuido nada e é certo, os vaqueiros, o xersei e a rañala por ahi adiante :). Pero recoñezo que logo me miro no espello e penso que hai que facer algo. Polo de agora merquei un secador novo (vaia parvada! jajaja). É mais facil coñecer xente tendo un bo aspecto que parecendo unha ionqui, non? :D
Teño que enterarme de quen ven este ano á festa da carballeira. Se non vou a Ortigueira a algún sitio terei que ir, pero non penso quedar metida en casa todo o veran coma sempre. Probablemente vaia soa, o meu mozo seguro que se ofrece a acompañarme, pero a él non lle gusta aquelo e non quero que vaia só por min, pobriño.
Deixo unha foto do Ortigueira de hai dous ou tres anos. Eu feita unha merda de non durmir xunto xuns escoceses, jaja. http://telefonica.net/web/acova/escoceses.jpg