jueves, mayo 27, 2004

Hoxe non podo maaaais!
Estou traballando vendendo loteria da Cruz Vermella pola rua. Son só 4 horas, pero 4 horas camiñando sen parar, teño as pernas que non podo con elas!
Paseino ben, fun vender cunha rapaza e iamos ó noso aire. O luns quizais estea no caminiño que une Cuatro Caminos con El Corte ingles, hai ali unha mesa da Cruz Vermella. Vendese ben a loteria, e a xente é moi amable.
Se queredes loteria avisademe! Teño que vender 30 ó dia e non as vendo nin de coña. Hoxe suplicandolle á miña nai que mercase as ultimas que me quedaban vendin 20.
Tampouco está tan mal, ó fin e ó cabo estamos a fin de mes, ou non? :D