domingo, junio 06, 2004

As mensaxes anteriores son o resultado dunha semana de merda. É certo que as ganas de morrer van e veñen, pero hai que mirar para adiante, ainda que cada vez é mais e mais dificil. Non me gusta nadiña queixarme (ainda que pareza o contrario).
Hoxe doume de conta do dificil que é facer amigos, coñecer xente e pasalo ben con ela, ter a confianza necesaria para dar unha aperta porque si. Nunca fun de ter moitos amigos, pero é que agora non teño ningun. Sempre gustei de estar soa, agás agora. Porque todo se atura sen axuda. Non me importa ir a un concerto eu soa, pero si me importa cando son oito ou nove. Ou hai unha festa no Matthew's e non teño con quen ir. E quedo soa na casa, lendo ou escribindo trapalladas facendome a victima sen ter dereito a iso, porque hai persoas que o están a pasar peor ca min. Eche o que hai.
Non hai mais camiño que o que temos diante, e ainda que estea cheo de coios temos que seguir a camiñar, porque as alternativas son terribles.
Graciñas polos comentarios da mensaxe anterior. HaloScan xa me dera problemas unha vez, se alguén sabe dalgún outro sistema e me pode avisar agradeceriallo. O sistema de cometarios de blogger non me gusta, é complicado.
Gracias tamén por esa poesia cargada de razon. Ás veces os problemas parecen tan grandes que non deixan ver nada mais. Enton aparece alguén que che ensina a cantidade de cousas que te estas a perder e vas erguendo a cabeza.