jueves, junio 03, 2004

Benvido, Deposito! Espero que o teu novo weblog vaia ben.
Para os que queirades mercar loteria, hoxe estarei no Carrefour de Alfonso Molina, chamado Continente aínda :)
Vou falar hoxe un pouco de trapalladas. Onte vin a un auto publicitario do BNG. Lembreino ó ler o weblog de Deposito. Tamen lembrei que me chegara publicidade do PSOE á casa. Penso que é moi importante ter unha representacion en Europa, Galicia sempre está á cola das outras autonomías, e é en parte porque moitos galegos queren, e non se esforzan en ir un pouco máis alá. Non me gusta demasiado falar de política, só queria comentar isto, que para mellorar hai que participar, un só non fai nada, pero moitos poden trocar as cousas.
Merquei dúas pelis, El tiempo en sus manos e Dersu Uzala. Este fin de semana farei a miña propia maraton de cine (jaja, que cutre, unha maratón de 2 pelis).

Antonte entrei aqui e fixenme vontaria da Cruz Vermella. Ainda estou no proceso, jaja. Hoxe chamaronme por telefono para ter unha entrevista informativa sobre as labores do voluntariado. Eu teño claro que quero entrar no programa da terceira idade, pero se podo botar máis dunha man fareino encantada. Logo da entrevista, hai unha charla de 4 horas sobre a Cruz Vermella e mais tarde é cando comezas a ser vontario. Teño moitas ganas!.

Polas mañás estou leda, pero cando chega a noite doume de conta de que emprego o traballo para non pensar nos meus problemas. Hai tres anos tiven unha depresion moi grande (foi horrible) e vou polo mesmo camiño. Espero que con este tema da Cruz Vermella non recaiga outra vez. Dende logo, non penso voltar a estar como estaba.
A xente non se da de conta porque de cara a eles son unha persoa leda, non me gusta amolar a ninguén, por iso non o conto, pero por dentro estou a piques de estoupar. Sempre puiden superar estas cousas eu soa, quizais esta vez vaia ó medico, estou farta xa.
Hale, a calar! Vou ver Stargate :D