martes, junio 08, 2004

Acabo de escarallarme, jaja. Definitivamente, non estou ben da cabeza. O motivo é o weblog de Cypher, qué bo gusto que temos! jaja, vaia coincidencia. Aproveito para darlle a benvida a el e mais a El Manaba.
Sigo a da-las gracias polas mostras de apoio. A pouquiños vou collendo o ritmo. O que me perdia era o tempo libre que tiña, pero hoxe apunteime a un ximnasio (voume pór cachas!), fun á entrevista de vontariado da Cruz Vermella e mandei ó carallo todo o demás.
Non tiven un bo dia no traballo, vendín so 9 numeros e mañá quizais me boten, a miña compañeira e mais eu levamos uns dias vendendo pouco. O que teña que vir vira, como dí a carta do PP teño toda a vida por diante.

Que risa coa propaganda electoral, é abraiante como difiren as cartas dos meus pais e as miñas. A min saúdame Luis Tosar na do BNG, o PP faime a pelota cunhas expresions en plan xuvenís ¬¬
E ós meus pais nada.
O meu avó é do PP a morte. Como a maioria dos velliños de Galiza. E temos uns piques moi simpaticos. Antes diciame que Beiras estaba tolo, que como podia votalo. Pero agora xa non está Beiras asi que rosma todo o que pode porque eu teño moitos argumentos :D Teño que apañar unha bandeiriña do BNG. "avó, collesme isto un intre?" jajaja. Pobriño.

E para rematar, un chiste moi malo que me fixo rir moito (teño o dia tonto).
¿Como se chama a máquina de facer Antonios?
.
.
.
.
.
.
.
.
Antonio Machín!