miércoles, agosto 04, 2004

Nova
Este tipo de novas fan que bote fogo polas orellas, en serio. É coma se o odio me nacera de dentro. Definitivamente, aborrezo a igrexa catolica, aborrezoa con toda a miña alma. E ollo, que non me estou metendo cos catolicos, cada un que crea no que queira, os meus pais son catolicos e crentes e cren que a igrexa é unha puta merda. Unha putisima merda diria eu. Pero non ten por que cambiar, cada relixion ten a sua forma de pensar, e se esta é a sua que a metan polo cu.
Dende sempre porfiei contra a igrexa catolica, que é a que me toca mais de preto. Hai excepcions dentro dela, por suposto. Pero xenera en min un odio que non é normal.
O meu pai dixo que na Renta marcaba o casilleiro que lle daba diñeiro á igrexa, que mellor a eles que ós ladróns.
Se ata a Biblia (que tampouco me parece moi fiable) renega deste tipo de institucions...
Cando vou á aldea acompaño ó meu avó á misa porque a él gustalle. É algo que respeto, o cura do noso pobo é un home bo, caeme ben, e as suas misas non estan mal, el promulga sinxelamente a bondade entre nos. Pero logo está o que cobra por dicir ó final "recordemos agora ó defunto fulanito de tal".
Noxo, noxo e noxo.