martes, agosto 03, 2004

Veraniiiñoooooo.
O meu mozo marchou xa :( E os meus pais non voltaron. Pero me dixen "non! non vou quedar aqui soa!" e chamei ós amigos do meu mozo (el xa di que son os meus amigos, jaja) e fin tomar algo con eles. Eramos 3, fomos á cerveceria da Estrella, e por pouco teño unha cun chorvoneno que me quitou a mesa. Sento nela e vai o tio e senta! E eu digolle que chegara eu antes, e me di que non. Ainda por enriba os amigos do meu mozo quedaron de pe na barra sen facer nada, que vergoña!
Pero que mais da, estivemos de pe cunha cervexa na mao. Logo voltamos e mercamos merda no Carrefour e fomos a casa dun deles a comela. E agora baixaban ó concerto da praia, o dos 40 principales, pero eu coma que paso. Prefiro quedar aqui vendo Lady Halcon, jaja.
Chamaron os meus pais, a miña nai dixo que se sentia culpable por deixarme soa tanto tempo. Pobriña, eu xa lle dixen que non se preocupara. Espero que o estean a pasar moi ben.