martes, julio 27, 2004

Chamaronme dunha empresa mais ou menos importante por un curriculum que lles enviara para dar soporte tecnico a Microsoft. É xornada completa. Maña fanme unha proba de coñecementos.
Odio os exames, sintome moi insegura.
E se supero a proba? Que pasa coa merda das oposicions? Estou pensando en deixar as que fago e agardar as de informatica para a Xunta. O Dereito Administrativo é superior a min, é deprimente, aburrido, faime sentir como en Fisica, que non entendia nada.
Se me ofrecen un contrato de un mes non lles vou dicir que si, pero se é dun ano a cousa cambia... E botaria moitisimo de menos Atento, ós meus compañeiros...
Qué facer? O primeiro pasa-la proba. E despois?