sábado, julio 17, 2004

Veño de Atento.
Xa comentara nunha ocasion que non tiñamos convenio, estabamos funcionando co antigo. Os sindicatos puxeronse farrucos e Atento ainda mais. Ou aceptabamos a explotacion e a merda de contratos mes a mes, ou o turno de tarde-noite ia o carallo e dabanllo á plataforma de Caceres.
Hoxe chegaron os do turno de 22 a 2, e lles deron a grande noticia. A tomar polo cu, rapaces, somos unha empresa de merda e imosvos pechar o turno. Non vos renovamos, e se sodes indefinidos ides para o turno de mañá-tarde ou...
UGT de Caceres encantadiña da vida, claro. Panda de cabrons fillos de puta, vendidos de merda.
Xa sabedes, se chamades ó servicio tecnico de ADSL de Telefonica a partires das 12 da noite, vanvos atender como o cú, porque todolos anos de experiencia aqui van quedar en nada. E probablemente teñades que agardar 20 minutos minimo a que vos atendan, xa que so hai 12 persoas para atender chamada.
Se Caceres o rexeitara 30 persoas non se verian na rua. Para iso fixemos folga, para iso nos manifestamos. Para nada. Pois nada, que lles vaia ben coa explotacion.