martes, julio 13, 2004

Hai unha persoa á que quero. Coñecina hai un ano, cando levaba pouco co meu mozo. El era de lonxe, e claro, non pagaba a pena.
Pero fixemonos moi moi amigos. El dicia que podiamos vernos, que podiamos quedar un dia en Madrid. E eu non queria, sentiame moi mal polo meu mozo, porque eu tiña todo o que necesitaba, pero el ofreciame cousas totalmente distintas, entre elas irmos a Irlanda xuntos a comezar ali.
Ó meu mozo queroo moitisimo, daria o que fora por el, pero el non quere viaxar, non quere coñecer cousas novas. É moi conformista. Os dous adaptamonos moi ben un ó outro :)
Hai un tempo comentaballes a unhas compañeiras do curro que nunca nunca lle seria infiel ó eu mozo, porque el dabame todo e máis. E continuo a pensar o mesmo, pero non podo evitar sentir o que sinto. O meu mozo tamen ten cousas malas, ainda que non lles dou importancia. Ás veces sinto que sobro, pero é que a confianza da noxo :)
Eramos moi especiais. E dixome asi de supeto que estaba cunha rapaza. Era algo no que eu lle estaba a insistir sempre. Pero claro, pasa o que pasa.
Doume noxo ó pensar isto, pero teño debilidades, e non son nada hipocrita. Eu son asi, egoista e á vez xenerosa, leda e á vez triste, pero sempre sincera (ou iso é o que penso).
Por estar co meu mociño renunciei a todo o que tiña programado, incluso trato de convencerme de que esta merda de oposicions van valer de algo. E si, paga a pena por estar con el, porque para unha vez que teño unha relacion marabillosa non o vou mandar todo á merda.
¿Que teria sido de min se hai un ano e medio o tivera deixado todo?
Que egoista é isto, pero que tristiña estou. É como cando o rapaz que che gusta na escola vai con outra, jaja.
E non teño dereito a queixarme, pero estou nunha cidade que non me gusta estudiando algo que non me gusta nun corpo que non me gusta cuns amigos inexistentes e pensando en caralladas, todo por quedar ó lado del. Somos tan iguais e tan distintos...
E agora a cear e a aparentar que estou feliz. Sei que non teño dereito, seino. Pero non o podo evitar. Ata tiñamos unha cancion
Jaja, se xa recibia poucas visitas agora caeran en picado, vouvos botar en falta. Como di Shin Chan, eche o que hai. Non me gusta enganar a ninguen.