miércoles, junio 30, 2004

Levo uns dias intentando falar cunha amiga miña e non hai forma. Non colle o telefono, comunica... O que me amola é que seguro que ve no móbil as miñas chamadas, pero ela non me chama a min.
Somos amigas dende pequenas, pero distanciamonos moito. Ainda asi seguiamos sendo boas amigas. Hai un tempo quedamos e ela estaba moi triste, dicia que nos estabamos a perder a unha á outra, e propuxemonos facer algo.
Cando empezou cos exames chameina para ver como lle ian. Cando rematou chameina e non contestaba. O sabado chameina e nada. Mandeille unha mensaxe. Onte chameina ó mobil e, de novo, nada. Chameina á casa e comunicaba.
Somos moi distintas, non coincidimos nos ambientes por iso temos que quedar previamente para vernos, pero cando eu llo ofrezo ela nunca pode. Non llo boto en cara, porque antes a que non podia era eu, pero ainda asi amolame moitisimo.
Ten un caracter un tanto especial, deixoume prantada mil veces á hora de sair cancelando a cita a ultima hora, pero ela non é enteiramente consciente diso. Sen embargo eu si, e non serviria de nada dicirllo, sentarialle mal e ainda por enriba poriase triste. E eu non aturo que a xente que coñezo estea triste, é algo cronico, jaja. Por iso trago todo o que me botan, pero isto...
Eu entendo que non nos guste o mesmo, que vexamos a vida de diferentes formas e que teñamos poucas cousas en comun. Ainda asi é a miña amiga.
Do noso grupo xa non falo con ninguen. Se as vexo falo, claro, porque levamonos ben, pero non temos unha relacion especial. E eu xa vou pasar, porque ainda que sexa a miña amiga sei que se algun dia quero sair e non esta o meu mozo, ela non vai poder. É triste pero é asi, só teño dúas alternativas a sair da casa ou a falar con alguen: o meu mozo ou ela.
En fin, vouno intentar agora a ver se hai sorte e me colle o telefono por un casual.
Hai uns dias coñecin xente nova, pero non consigo facer amigos novos.
------
Xa falei con ela, parece que todo vai mais ou menos ben. A ver se quedamos mañá. A ver.