miércoles, junio 30, 2004

Rematei de ler Marmalade boy. Merqueino de segunda mao. Metense comigo porque me gusta o shojo manga, jaja, pero eu non lle vexo nada malo. E Marmalade boy pareceme realista (Xesús, que friki parezo escribindo isto!), danme ganas de viaxar a Xapon e deixarme levar polas tolerias que hai por ali. Claro que non todo é festa, pero teñen unha forma de ver as cousas interesante. Por exemplo, no instituto hay clubes. Segundo o que che interese, apuntaste a un clube. Iso é intersantisimo, ofrece a oportunidade de coñecer xente semellante a ti e de compartir coñecementos ou sinxelamente de pasalo ben.
Tamen me gusta Paradise Kiss. No fondo son unha coitadiña,jajaja (non o cré ninguen).
Estou facendo varias coleccións: Maison Ikkoku, de Rumiko Takahashi, publicaa Glenat cunha calidade realmente boa. Xa saiu o numero 2; Ayashi no Ceres, de Yuu Watase, que esta perdendo fol ultimamente.
O meu mozo está con La espada del inmortal, impresionante! Encantame! E o autor non para de debuxar, cada pouco sae un tomo! Vai facer Vagabond tamen, esa teño ganas de lela. E Blame! que non me gusta un carallo. Disque é moi boa, pero pfff... non é para min.
As miñas proximas compras seran From Hell, do grande grandisimo Alan Moore e Watchmen, tamen del.
Gustame moitisimo Alan Moore, é un xenio. Teño A Liga, V de Vendetta, Promethea (fabulosa, Promethea, recomendada ó 100%).
Voume quedar pobre, se os meus pais souberan o que gasto en comics...