jueves, julio 01, 2004

Novas! ^_^
Chamaronme de Atento. Estaba preocupada por se me ofrecian un turno chungo, pero deronme o axeitado! So traballo as fins de semana de 4 a 11!!! Teño toda a semana libre!
Xa estou moitisimo mais relaxada, vou ter tempo para ir á academia da merda das oposicions, vou ter cartos para a casa e para min, e coincido cos meus compañeiros de sempre. Ademais se quero sair un sabado non hai problema :D
O meu pai e mais eu falamos moito agora cando cheguei á casa. Dixome que se queria estudiar Historia estaba disposto a pagar para que fose a Santiago.
Sempre que me dan a razon en algo sintome mal. Pobriños. Sei que eles non tiñan intencion de meterme tanta presion, pero fano sen darse de conta. Claro que eu tamen son ben rariña..
Sempre quixen estudiar Hostoria, Literatura ou Filoloxia e Informatica. Escollin Informatica por iso de que tiña moito futuro (se eu soubera por aquel enton...), pero non valgo para ela. Son moi lenta programando e os meus programas teñen error por todas partes. Pero son cousas que sei agora, e non podo queixarme dos meus pais.
É certo que eles me influenciaron moitisimo (son bastante maleable, desgraciadamente). Cando eu dicia Historia eles respostaban que iso non tiña futuro. Cando quixen entrar no Conservatorio para aprender guitarra eles erre que erre co violin (asi me foi, e ainda por enriba coa profe que tiven..)
Dixenlle ó meu pai que estaba na idade de estudiar, que deixase de presionarme. E deume a razon. E eu sintome mal, porque sei que lles senta mal rifar conmigo e porque sei o esforzo que lles supon ofrecerme o de Santiago.
Queroos moito, a pesares do que pareza :)

Por outra banda, non sei nada da miña amiga. E sorprendinme pensando "que mais da?". E o meu pai dixo hoxe unha grande verdade: "Estas todo o dia colgada do ordenador". E eu resposteille outra grande verdade: "Dime de alguen con quen sair da casa"
Cando aprobe as oposicions (son optimista, jaja) e leve un tempiño traballando, se podo pedirei a excedencia e irei a Irlanda dunha vez.