viernes, julio 02, 2004

Hoxe gustariame recomendar un par de pelis que vin. Non son unha entendida en canto a peliculas, pero bueno.
A primeira non esta en España, creo. Chamase Three, e seica é xaponesa. Son 3 historias relacionadas con fantasmas, pero non son as tipicas. Gustoume moitisimo, e esta moi ben feita, ten un ambiente opresivo, alleo.
A outra é unha que vin onte. Trouxoa meu pai, que normalmente trae peliculas que non hai por onde coller (na miña opinion, claro, jaja). En español é Escalofrio, o titulo orixinal é Wendigo. Quedei a vela polo titulo, polo de Wendigo. Pensei que estaria relacionada co relato de Algernon Blackwood, pero que va.
Engancha dende o primeiro momento, e é tamen unha peli diferente. Esta chea de detalles, e os planos, os actores... son moi bos. Trata dunha familia que vai de fin de semana e atropelan a un cervo. E isto desencadea moitas cousas (non me gusta nada contar o argumento das peliculas).
A ver se alguen as ve e me da a sua opinion.