miércoles, julio 14, 2004

E hoxe que estou escritora, á vez que vexo Pesadelo en Elm Street 3 transcribo un poemiña de Cabanillas, se mal non me lembro. Escribiuno á morte de Pondal. Que grandes eran os dous.

Dou o queixume derradeiro ó inxente
bardo doutras edás, forte e varudo
cantor dun pobo lexendario e rudo
asoballado pola estranxeira xente.
Dos guerreiros de Sueira pòsto ó frente,
ós pés a lanza i o batido escudo,
agárdao Breogán, doído e mudo
ante os pinos da costa verdecente.
Mentras... da praia ó castro solitario
vai do vento costeiro no bruído
como un puñal, este firente,
¡Morreu Pondal, o vello lexionario!
¡Caieu en terra o pino mais brandido!
¡Crebouse a lira celta de ouro e ferro!

Non me canso de lelo, e sempre me pon pel de pito.