miércoles, julio 14, 2004

Un novo dia, e unha noite na que estiven pensando nel e na sua moza durmindo na mesma cama. Jaja, ten gracia.
Pero estou leda, porque teño alguen que me quere con todo o que son. E como me dan este tipo de arroutos con frecuencia, dun dia para outro van pasando. O que pasa é que polas noites estou moi sensible. Son a unica? Jaja, seica teño a regla tódalas noites.
Que son esas duas visitas que escriben comentarios sen saber eu da sua existencia? Benvidoos! Iso hai que avisalo antes, jaja.
É certo que Coruña non me gusta demasiado. É unha cidade de apariencia, moi galega e á vez moi allea. O problema son eu, gustame a xente diferente, aprender de cada un, e esa mestura de xente dase en Santiago, por exemplo, en Madrid, pero non na Coruña. Por iso as partes que mais me gustan son a Cidade Vella e a Rua Barcelona. A primeira, por enxebre e a segunda pola cantidade de xente rara que vive na zona. Son as 11 da noite e aquelo segue coma se nada :)
Que facedes para coñecer xente? No ultimo concerto de Noites Celtas na praia fun toda decidida a falarlle á xente para coñecela, jaja, pero ó final non fun capaz, vexoo moi forzado. E de internet paso, que xa escarmentei.

En setembro vai ser o s2e, a segunda feria do ocio e do divertimento dixital. O ano pasado fomos o meu mzo e mais eu, como case ninguen a coñecia tivemos os videxogos case en exclusiva, jaja. Este ano vai ser mellor, se alguén quere ir http://www.s2eonline.com/ Recomendoa!

Mais ligazóns. Xa está á venda a camiseta de MeriStation, a mellor web de videoxogos do mundo! Camisetas de Meri