miércoles, julio 21, 2004

Hoxe vin no xornal que habia unha aldeiña con duas persoas nada mais.
Que curioso! Que faran ó longo do dia? Traballar nas leiras, levar a pastar ás vacas... E logo pola noite falarian entre elas, hoxe co Supermartes posto, escarallandose das panochadas que fai o Piñeiro. Un viniño, unha partida ás cartas e para a cama, que mañá hai que erguerse cedo para plantar as patacas.

E se son so un matrimonio? Os dous sos nun pobo, facendo o que lles peta. E o domingo ó baile en Lugo. El pon un caravel na chaqueta, ela vai á perruquería do pobo do lado a face-la permanente.

O que ten que ser a caña é se son inimigos. Desas persoas que non se aturan unha á outra. Espertas e sabes que a vas ver durante todo o dia...

Que intrigada estou!