jueves, agosto 26, 2004

Que aburrimeeento...
Onte á miña nai deulle unha arroutada e levoume a conducir ás 12 da noite e ata a 1:30.
Realmente pagoume a pena saca-lo carnet? Non sei aparcar, por pouco choco contra dous tolos, uns ionquis miraronme mal mentres aparcaba...
E todo isto sen coches! Hoxe voltarei, asi que xente da Coruña, non saiades da casa a partires das 12.

Onte tamen fun á biblioteca. O libro ese de Oxford, collido. Aluguei La cancion de Kali, e vaia... xa o rematei e foi coma ler O Codigo Da Vinci. Pasaba paxinas e paxinas e non sucedia nada.
Tamen fun ver a exposicion do Xabarin que hai en Duran Loriga. Moi cutr, unha sala nada mais cun Hatori grande, unha tele con videos (que boa idea! estiven a mirar videos ata que os amigos do meu mozo cansaron de agardar), unhas camisetas e paxinas tipo comic das cancions do comezo do Xabarin, esas de "somos do clube da galega por fuciños, por cacheiras" un troncomobil, figuriñas pequenas de persoaxes de debuxos e fin.