jueves, agosto 19, 2004

Estes dias estiven na aldea, e cheguei á conclusion de que o campo é estresante. Limpar, escapar dos bichos, da miña cadela que está tola, da misa...
Estou algo nerviosa porque operamo-lo meu can. É velliño xa, naceulle un bulto xigante en plan chepa e fomosllo sacar ó veterinario. Tiñamos medo, porque como era vello podia non espertar da anestesia, pero pouco a pouco vaise recuperando. Hoxe xa erguía a cabeza, iso si, non come nin bebe, debe de ser do soro que lle puxeron. Pola maña case non se movia, eu pensaba que estaba morrendo, que mal o pasei.

A miña nai e mais eu tivemos que enfrentarnos a uns obreiros asquerosos cunha excavadora (co medo que me dan!!) no medio da estrada. Sacarona do medio para que pasase un vello, e cando iamos pasar nos, hale, ó carallo. E cando lles pedimos que a quitaran rironse de nos e fixeronnos pasar por un espacio minimo, un pouco mais e o coche vai polo terraplen. Panda de idiotas... Se non fose porque levabamos presa dixo miña nai que chamabamos á Garda Civil.