lunes, agosto 09, 2004

Xa traballei, ea!
Chamoume un frances moi maleducado que como non lle daba un numero de telefono (e traballo nun servicio tecnico!) dicia "no me puedes decir que no lo tienes, te levantas y lo vas a buscar ya". Imbecil...
Mañá ou pasado irei a Vigo ou a Santiago, ven un amigo meu de viaxe a Galicia e teño moitas ganas de velo.
Os meus pais xa voltaron, e onte tiña a roupa planchadiña enriba da cama :D Non me vou queixar, pero non o vou permitir mais, pobres pais, xa lles chega co traballo fora da casa.
Fun o xoves á biblioteca. Collin El Salon de ambar, de Matilde Asensi. Non estivo mal, pero quedoume un gusto amargo e doce, coma con todolos libros dela. Hoxe voltei e collin Peregrinatio, tamen de Matilde Asensi, continuacion de Iacobus. A edicion é preciosa, con debuxos de códice e demais, pero o libro é infumable.
Tamen collin Juego de Tronos, disque é a mellor novela epica que hai. A ver se é certo, tamen dixeran que Los pilares de la tierra era a mellor novela historica e a min pareceume normaliña tirando a mala.
E onte actuou Eric Rigler con Luar na Merda en Riazor. Pasei de ir porque pensaba que eran só os LNL, pero hoxe un rapaz dixome que estaba Eric :´(
Outra vez sera.
Vaia mensaxe mais negatifa que me quedou, jaja.