jueves, agosto 05, 2004

Vaia concerto... que despendole. O Civera dixo de quedar na Coruña e eu berreille coma unha posesa "Quedate en mi casa!" coas conseguintes risas... Tamen tiven outro momento de gloria cando unha dixo "Quitate los pantalones!" e eu "Que pantalones ni que carallo! Los calzoncillos!"
Cada vez que o penso.. que vergoña, menos mal non fun con moita xente. Estou comezando a facer agora o que non facia con 15 anos, sera malo? jaja.

Hoxe ás 18h teño a miña primeira visita de Teleasistencia, é mais complicada que a de Axuda a domicilio, espero facelo ben. E logo achegareime á biblioteca, que xa devorei os libros que mercara a semana pasada.
E se estou de bó humor rematarei no Matthew's con media pinta de Guinness na mao. Se alguen se apunta só o ten que dicir :D
Por certo, que cantidade de comentarios me deixades ultimamente! Dame moita ledicia ver que ledes o que escribo, moitas gracias!