lunes, diciembre 27, 2004

¿Cómo foron esas festas? ¿E o importante: Cal foi o menú? ¿Percebes, cocido...?
Este nadal veu o meu avó da aldea. Pobriño, el queria celebrar ali o nadal pero como teño alerxia ó pó e está a facer obra non puido ser. Comemos carne ó forno, ou o que é o mesmo, carne asada con cebola. Regaleille un libro de cultivo de rosais e está que non mexa con el, gustoulle moito, jaja.
Agora estou soa na casa, os meus pais foron levar ó avó a aldea e quedei aqui coas miñas pelis e os meus libros. Hai uns dias afilieime a Biblos, o Clube de lectores con todo en galego ou portugués e estou a ler o libriño que me deron, O pai do artista.
Onte foi un día de cine. Recomendo encarecidamente 3-iron. É unha peli xapo ou koreana (sintoo, non me lembro) preciosa. Tiven que collela con subtitulos en castelan porque non se editou en España (nen se editará :( ). Trata dun rapaz que vive nas casas onde nese momento non hai xente, e en troques lava a roupa, arranxa aparellos... Nunha desas casas atopa a unha muller maltratada. E vou calar ;)
Tamén vin El maquinista, una pelicula cun irrecoñecible Bale e moi ben feita, cuns actores tremendos (aborrezo que os actores españois se doblen a si mesmos grr) pero predecible a metade do tempo. E moi leeeeenta. Vina na sesion da 1 da mañá, que gustiño ir asi ó cine.
Mañá rematan as miñas vacacións. Quedanme 3 dias no actual curro e logo a empezar de cero, coincidindo co aninovo.
Espero que estedes pasando unhas boas festas.