martes, diciembre 14, 2004

Gustame mira-la estanteria nova da miña habitacion porque está chea de cousas realmente miñas, relacionadas comigo.
Enrriba de todo teño a fadiña Fliday, agasallo dos Reis pasados. Pensei que me daria medo pola noite (con certas cousas son moi cagona) pero non.
Na seguinte balda teño o manga. Tiven que facer dúas ringleiras, unha detras da outra, para que caiberan todos. Dende onde estou sentada vexo Maus, e lembrome de canto reflexionei mirando para os pobres ratos. Tamen vexo Lovecraft, un comic preciosista cunha introduccion de Carpenter que me fai pensar no moito que me gusta a arte e o pouco que me dou conta ó longo do día.
No estante que hai xusto debaixo teño a música. Hai de todo, incluso teño un Technics e un disco de Extremoduro. Gustame moito mirar para os cd's e ler os libriños. O primeiro cd que merquei foi un de La Frontera, e a coleccion foi medrando moi rapido.
Diante teño o meu reloxo de Doraemon sen pilas porque canta demasiado alto e da susto cando estas a durmir :D
Seguimos baixando os estantes. Aquí teño a miña mini-enciclopedia das fadas e dos trasnos, a miña coleccion de Shannara repudiada por tanta xente e que tanto me gusta a min, libros de Lovecraft, de Poe, de Laura Galledo e de Diana Gabaldon. Vaia mestura.
A estanteria da dereita está chea de videoxogos... Hai un estante para os que viñan en caixa grande (Tomb Raider, Heart of China, Gabriel Knight..) e o resto son para os que veñen coa caixa en formato DVD ou na de CD de sempre.
E no ultimo estante esta a miña coleccion de SuperLópez, coa primeira edicion dos Petisos Carambanales e todo!

E é que todo isto son eu. Pode soar moi materialista pero non o é, ou iso creo. Son os meus gustos, no que gasto o tempo. E estou orgullosa de ter chegado a isto, de ter xuntado paseniñamente cousas que se alguen ve pode interpretar sen erros.
Se cada un de nos botase unha ollada pola sua habitacion, que veria? Seguramente o proceso de madurez polo que pasou, os desgustos ou as ledicias. E recapitulando, a vida non parece tan mala cando podemos definirnos tan sinceiramente e ver o que cada cousa nos fai lembrar.