viernes, febrero 11, 2005

Uf, que entroido..
Estou afonica totalmente. Como non tiña disfraz e atopei un sombreiro de leopardo na casa, decidin que iría disfrazada de Cocodrilo Dundee :P

O meu mozo veu de Ourense e contoume tamen o das formigas. Danme magoa, seica fixeron uns chistes coas formigas pero xa non me lembro. E o de rebozar a roupa en merda... puaj! Algun dia irei a Verin ou a Laza a ver ós Cigarróns, quero que me dean co latego (juajua)

Estou un pouco rara. Acabo de falar co meu mozo /ex-mozo e creo que xa non estamos saindo (prefiro dicir que o creo a afirmalo). Estou triste, pero tampouco demasiado. E sei que é porque ainda non me din de conta do que esta a pasar. A semana que ven vai ser terrible. Como cando morreu a miña avoa e non chorei, e de supeto un dia botei a chorar e non podia parar.