domingo, marzo 06, 2005

Onte rifei co meu amigo friki. Que culebron.
Dende que esta coa moza non o vexo case nada. Hai un mes chamabao cada dous dias ou asi para ir tomar algo, pero rexeitaba a chamada. Un dia fomos darlle unha sorpresa e agardamolo no portal dunha amiga (sabiamos que estaba ali). Dixo que que faciamos ali, que el tiña que marchar a ver á moza, que estaba maliña. Maliña si, pero unha hora á semana ben poderia darnola. Pedinlle que non rexeitara as chamadas, que se non podia quedar mo dixera. E pasou de rexeitalas a non colle-lo telefono.
Despois de mes e pico, onte vino de casualidade, atopámonos. "Veña, imos tomar un licor café." "Si, agardade na Repichoca e nós xa vamos agora". Unha hora e media despois, chameino ó móbil porque o meu mozo e eu marchabamos, cansos de agardar. Non o colleu. Insistín, colleuno a moza, xa viñan de contado. Cando baixaron dixen que marchabamos, que estabamos fartos de agardar, e que a ver se pasaba outro mes sen vermos. Din a volta e funme.
Un día despois, nen unha chamada, nen unha mensaxe. Só unha conversa por Messenger (e porque o abrin, que se non nin iso) dicindo que son moi inxusta porque a moza estaba enferma. Claro, eso xustifica que nin colla o telefono.
O mellor foi que hai unha semana atopamonos cun amigo comun, e dixo que iria con uns rapaces, porque xa non podiamos contar co outro. Eu dixenlle que estaba triste e que xa parecia que non nos queria ver. El confirmouno.
E onte enteireime de que este rapaz andara a contarlle isto ó friki palabra por palabra, e non lle dixo que el pensaba o mesmo. A mala era eu.
Si, a mala son eu. E é que son parva, porque non me alporizo nunca, nunca lle boto na cara nada a ninguén (atopoo desagradable) e cando realmente estou cabreada, parece que son eu a que o fago mal.
A estas alturas e aínda me fio da xente.