lunes, febrero 21, 2005

Hai cancions que me poñen a pel de pita. Algunhas non porque sexan especialmente bonitas, senon porque o cantante e a música expresan realmente o que están a cantar.
Estes dias aburrin a radio polas mañás, así que entrei en http://launch.yahoo.com/. É unha especie de radio só con cancións. Escolles os xeneros que che gustan, os cantantes.. etc. E teñen un sistema moi bó para que sexan variadas, por exemplo, eu puxen que me gustaba Alasdair Fraser. Entrei na radio e puxeronme Lúnasa porque a xente que gustaba de Fraser gustaba de Lúnasa tamén. Con este sistema coñeces unha morea de grupos e de estilos. Por cada cancion podes facer unha valoracion segundo se che gusta moito ou pouco. Así podese oir mais ou menos (ou nunca), non sei se me explico. Está xenial, eu escoito de todo, dende Chuck Berry ata Led Zeppelin. Descubrín Flogging Molly (moi parecidos ós Young Dubliners), redescubrín ós Dire Straits...
Cando escoito algunha cancion de pel de pito teño que parar de traballar por uns segundos. ¿Que tiña a musica de antes que non ten a de agora?
Hoxe escoitei Still loving you, dos Scorpions. Cando o cantante chora, berra, suplica Still loving you (porque semella todo isto, iso si que é cantar) a guitarra chora con el, lamentanse os dous, berran que ainda seguen amando.
Outro exemplo: Led Zeppelin e Whole lotta love. Pero que pedazo de cancion! Que forma te tocar!
E Alasdair Fraser tocando Roslin Castle. ¿Que agochou ese home no seu violin para que poida falar desa forma? É maxia, carallo! ¿Como pode un só instrumento facer que viaxes a outros lugares, a outra epoca?
Emocionome toda jaja (no fondo son unha hortera, como di a miña mai), pero é que adoro a música que me fai sentir. E polas mañás ultimamente estou a bailar na silla mentres traballo.
Gracias a quen sexa por axudarme a nacer con tódolos meus sensos en boas condicions, gracias por inventa-la musica e gracias por darme un traballo que me permita aproveitar todo isto e pasalo ben.