sábado, febrero 12, 2005

O meu mozo e mais eu falamos moito. Chegara un momento no que era o mesmo se estaba na Coruña ou en Ourense (el é de Ourense, pero vive aqui. Cada vez que hai alguns dias libres marcha) porque eu seguia facendo a miña vida sen contar con el e el comigo.
É moi coitadiño, pero tamen pensaba que lle daria igual deixalo, nunca lle deu moita importancia a estarmos xuntos, ainda que eu sei que me quere.
E onte amarrouse a min e chorou.
Dixo que podiamos arranxalo, que todo ía cambiar. Recoñecia que estabamos distantes e que el estaba a portarse mal, pero non se podan botar dous anos xuntos ó lixo.
E aqui estamos, xuntos de novo.
Non sei se fixen ben. Estou leda porque sigo con el, pero hai un algo triste en todo isto, ainda sen identificar.

Moitisimas gracias ós tres do anterior comentario (graciasgracias!)polos ánimos. De supeto viame soa de novo, pero animoume moitisimo saber que se tiña que dicir algo, alguén me ia respostar :)

É curioso o tema do amor, moi curioso.