jueves, abril 21, 2005

Cando ía en segundo de párvulos, o meu pai deixoume uns libros para levar á clase e lelos.
Eran Fábulas de Esopo e creo que o outro Cuentos ejemplares ou algo parecido. Pero a min gustábame o de Fábulas de Esopo. Non me lembro da editorial, era de tapa dura e tamén editou as continuacións de Mujercitas e El pequeño Lord.

Cando ía no bus, unha rapaza maior ca min quixo ve-lo libro (O de Cuentos ejemplares) e como eu aínda non sabía ler leume "La muerte quiere ser madrina".

Ó chegar a clase, dinlle o libro á profe e ela leu "San Pedro y las cerezas". Todos escachamos coa risa cando leu o título. gustounos moito, e eu estaba leda porque o meu libro gustaralles ós meus compañeiros.

No bus de volta a rapaza maior rematou de lerme o conto empezado.

Cando aprendín a ler de todo, sempre tocaban as Fábulas de Esopo. A miña preferida era La zorra y las uvas. A miña nai regaloume unha cinta de contos que tiña ese conto tamén. Levaba unha cancionciña. "las uvas estan maduraaas aunque ahora las desprecieeeees, al no poder atraparlaaas dices que es porque están verdeees. Mucha gente es como tú. Si algo están deseandooo es el poderlas comeeeer (aqui vai algo que nunca conseguin comprender)"
E veña a cantala o meu pai e mais eu. Aínda hoxe de cando en vez o facemos, jaja. E o actor que fai de Andrés en Aquí no hay quien viva era a voz dun raposo que quería comer as pitas, pero quedaba atrancado por baixo das reixas e o gandeiro daballe cun pau e dicía "ay, malandrin! sinvergüenza! ladrón!". E o raposo laiaba, jaja.

Ós 12 anos regaloume El jardín secreto nunha edición preciosa con láminas ilustradas. A miña nai e a súa manía de levar todo para o trasteiro estropearon un pouco o libro coa humidade, pero ainda o teño.

Seguen a gustarme as Fábulas de Esopo, e lembrome de La muerte quiere ser madrina. Gustaríame recuperar eses libros, a saber onde acabaron...

Algúns pensarán que só falo de libros, pero os bós recordos que teño están ligados a eles. Venme á mente o dos Angelosos. Que bonito era! Todo de cores, duns osos que vivian no arco da vella e querian baixar á terra. Enton a mai fixeralles unhas ás de nube e baixaron á terra polo arco da vella en plan tobogán.
O angeloso verde, que era o da boa sorte, atopabase cunha nena e lle preguntaba se era un elefante, jaja. Os angelosos nunca viran as cousas da terra.
A miña nai líao comigo tódolos días, practicábamos a entoación, e así aprendín a ler ben. Sempre me sacaban a ler nas misas do cole, e ooooh! estou lembrando cando lle din unha palmatoria a Darío Xohán Cabana! Leramos O milagre das estrelas. Eu escribín unha poesía, entre todos mercamos unha palmatoria e deronme un micro (un dos meus soños, falar por un micro, non é coña). Foi no Palacio de Congresos. Achegueime, el sorriume. Eu estaba nerviosisima. Lin a miña poesía, dinlle a palmatoria e dixo que lle gustara moito. Foi moi amable, lembroo con cariño. Ía en 5º de EXB.