miércoles, abril 20, 2005

Xa está.
Xa estou inscrita. Brrr, nervios.

Estou no traballo. Cando chove é deprimente, porque a miña fiestra da a un patio e ponse todo moi gris.
Hai coma un pirulí no medio e pousanse as gaivotas.
Como patio está moi ben, é deses antigos. Case ó mesmo nivel que a miña fiestra hai un tellado, logo un chanzo e outro tellado. Se algunha vez pasa algo, ben podo escapar por el.

Cando estou asi aburrida, poño os auriculares no ordenador e hala, a escoitar cousas. Vou á fonoteca de La Rosa de Los Vientos. Mentres escoito, traballo. Pero estanseme a acabar os audios.

Segue a chover. A casa que teño enfronte ten a fachada gris porque está mollada. Sempre me gustou a choiva mais que o sol, agás cando traballo.

Coas coñas de ir de contrato en contrato hai moitisimo que non collo vacacions.

¡Un pouquiño de ledicia, que carallo!