miércoles, abril 06, 2005

Hoxe fun a Cruz Vermella a entregar unhas cousas. Teño que ir mais ou menos con regularidade polo seguemento que lles temos que facer ós usuarios.
Resulta que hai un encontro autonomico de voluntarios. A xefa argallou ata que me convenceu, jaja. Vai ser en Lugo.
A ultima vez que falei con voluntarios non foi unha boa experiencia, non sei. Xa evitei ir á cea de Nadal, pero esta vez a xefa animoume moito. Non teño problema en coñecer xente. Custoume moito esforzo e coido que agora son algo mais sociable que antes. O que me da medo de coñecer xente é que sempre acaban fallando tarde ou cedo. E non podo evitar aledarme cada vez que coñezo a alguen para seguidamente pensar "outra persoa mais que coñezo".
Porque coñezo moita xente, pero non se pode dicir que teña amigos "amigos" ós que chamar a horas intempestivas ou ós que lle chorar en certos momentos.
Non foi doado chegar á orixe do meu "problema", de por que evito as aglomeracions e por que cando alguen esta a coller confianza fuxo mais rapido que ninguen. E ainda que me fai ilusion o encontro da Cruz Vermella, sei que verei a moita xente, pero que non a verei mais. Ou se cadra si, pero dende logo non para o que eu a preciso (e eles a min). Estou farta, é como unha rutina. Almacear nomes e caras, dous bicos, un cafe ou unha noite de festa e listo. Ata mais ver. É o que se leva agora.
Hoxe a miña madriña preguntoume que por que saia tan pouco. E mentin. Dixen que era porque estaba cansa, pero que va. Soa moito mellor iso que dicir que non teño con quen sair. Son cú de mal asento, non é facil que me divirta co que fai a maior parte da xente. Pero si que me podo adaptar a moitas cousas, non me queda outro remedio.