domingo, abril 10, 2005

Office 2003 en galego
Si, por fin. O noso Office en Galego. Se estivesemos en certa comunidade autonoma só un 1% da poboacion non o saberia, pero estamos aqui e pasa o que pasa... Asi que nada, a baixar o parche :)

Estou pensando en cousas que facer co meu soldo e teño varias opcións:
a) Apuntarme a clases de conversa en Inglés, estaseme a esquecer
b) Pagar moitisimo e facer o CCNA, devezo por el, pero é tan caro...
c) Apuntarme dunha vez a baile galego
d) Retoma-los meus estudios de violin

Vou por epocas. O violin esixiriame moito, pero encheria algúns momentos especiais e fariame compaña. Co baile galego faría exercicio. Co CCNA seria a superxefa :P jaja e teria un camiño laboral mais, e co ingles disque se vai a todas partes.
Dilemas, dilemas.