domingo, julio 03, 2005

Estou a escoitar unhas cancións deste disco. Chámase O'Stravaganza. Participan Hughes de Courson e Youenn Le Berre (de Gwendal :D ) nos arranxos. Tentaron mesturar a música clásica coa música irlandesa.
A verdade é que non me gusta moito a musica clásica agás La mañana de Grieg e o famoso Canon de Pachelbel, pero manda truco co disco! Nunca pensei que a musica clasica soara ben nos meus oidos! E non só soa ben, da cousa por dentro, teño tentacions de coller un puro e unha bata e de sentar nunha cadeira diante do lume nunha ampla bibloteca, cal melomana de pelicula. Impresionante o disco.
Os Gwendal xa mesturaban un pouquiño de clásico nos primeiros discos, pero nunca deron este paso.
Na ligazón podense escoitar anaquiños de cancions. Ando algo pampa, porque carallo coa sorte que estou tendo! La Sombra del Viento, agora O'Stravaganza... Creo que como siga así vaime pasar coma a Stendhal.