domingo, junio 26, 2005

Mañá é o día.
Onte e hoxe fun a Mundos Dixitais (anuncianse como mundos dixitais, pero por suposto no PALEXCO pon Mundos Digitales), unha especie de convencion de grafistas e demais historia gráfica (jaja, que verborrea a miña) e cunha sala só de videoxogos :P
Hoxe e onte fun. O meu mozo gañou un campionato de Gran Turismo 4 e deronlle o xogo. Estamos pensando en apuntarnos se hai un de Tekken.
Chicken!
Se podedes pasar pola Coruña, e concretamente polo porto, onde esta o PALEXCO, o tema ten moi boa pinta.