miércoles, junio 22, 2005

O meu xénero preferido nos videoxogos son as Aventuras gráficas (Gabriel Knight, Maniac Mansion, Myst... etc)
Cando teño unha boa Aventura que xogar o de arredor desaparece, sintome coma nunha peli.
As miñas preferidas son as da saga Gabriel Knight, guionizadas por Jane Jensen. Co Maniac Mansion pasaba medo de cativa :D
Tamén gosto de outros xéneros, coma o de estratexia ou o de acción. Para os de accion teño que estar "preparada" jaja. Poñome nerviosa con eles.
Esta semana sentinme preparada e estreei o Half-Life, que a estas alturas ainda non o xogara. Realmente é un xogo aparte. Impresionante, cunha xogabilidade excelente, cuns detallazos tremendos e con argumento, jaja. Non é só un mata-mata.
Lembro entrar nunha sala cunhas aspas e ver un recuncho cun oco polo que algo arrastra a un cadaver ata dentro. Quedas mirando como desaparece o cadaver e logo saen osos e sangue. Se te achegas ó oco (imprudente!) algo ruxe e vese unha cousa moverse dentro. Da medo!
Agora estou conseguindo o Half Life 2. Danme ganas de rexogar ó primeiro do que me gustou! E iso que o rematei hoxe!

2 valentes:

O 24/6/05 7:56 p. m., Blogger dorfun dixo...

...eu sempre fun máis de lucasarts (e a vella lucasfilms) ...os monkey island, sam & max... e comparto contigo o gusto polas boas historias ...tamén os jedi knight son mata-mata con historia...

 
O 26/6/05 12:37 a. m., Blogger Arduina dixo...

Pois mira, fixenche caso e estou a xogar ó JK 2. A historia non é que me encante, pero o xogo está entretido. E a intelixencia artificial estame a sorprender, é boa!

 

Publicar un comentario

<< Home