domingo, julio 17, 2005

Sempre dixen que me imporaba un carallo o que os demais pensasen de min.
Realmente era asi no colexio e no instituto, ó cabo non quedaba mais remedio.
Tamén foi asi cando estudiei o Ciclo.
Seguiu sendo asi cando atopei os meus primeiros traballos. Ía ás entrevistas cas miñas camisetas de Kukuxumusu. Loxicamente houbo traballos que non me deron, pero outros que si. Nunca levei saias, nunca emprego maquillaxe, se teño que saír á rúa cunha camiseta do meu pai saio...
Supoño que hai que ser como un realmente é.
Sen embargo dun tempo acó ando un pouco confundida.
Cando vou a festas non sei sentar con saias (espatarrome nas cadeiras :D ), nin peitearme. Tampouco sei andar con tacons. E é algo que me preocupa. Porque ainda que non é o meu estilo, non sempre vou poder vestirme como visto. E cando tento poñerme algo elegante notase o rara que me sinto. O curioso é que para min algo elegante é por exemplo unha camisa, que para outros é o mais corrente.
Asi que teño que recoñecer que nestes momentos si me importa un pouco o que os demais pensen de min. E non só no fisico.
Preocupame non caer ben á xente. É moi moi raro, porque nunca me importou. Pero estar arrodeada de persoas cas que compartes algo é unha sensacion moi bonita que case tiña esquencida. Escapei dela cando deixei de confiar na xente, e agora estou caendo de novo.
Pensaba que gostaba da soidade sempre, pero non. Boto de menos a compaña. E boto de menos o cariño, sobre todo o cariño de amigos. Ese que fai que cando estas mal de supeto chamen á porta e sexa un amigo o que esta ai cunha peli e dicindo que ten todo o tempo do mundo para ti.
Sei que cando estou triste non teño a quen chamar. E sempre me importou pouco, sentiame forte.
Pero hai uns meses que busco amigos e non os atopo. Por iso me preocupa o que os demais pensen de min, supoño.
Por unha banda non me fio dos demais, e pola outra preciso facelo.
Quizais teño o que merezo. Cando aparezo en casa de alguen cunha peli e todo o tempo do mundo para unha persoa penso que esa persoa fará o mesmo por min.
Ás veces hai que pedilo, creo. Ou non é necesario?
Non só me falta en experiencia niso de vestir e aparentar, senón que tamen me falta nas relacions persoais de todo tipo.
Canta contradiccion.