domingo, julio 10, 2005

Cando era algo máis nova vivin un tempo cos meus avós paternos. Xunto con eles vivía a miña tía (a irmá do meu pai) e as tías da miña avoa. Sempre foron vellas, jaja. A tia Irene levaba un moño sempre ben tirante, era asi delgadiña. E a tia Manuela tiña o pelo longo e era maior ca Irene e mais ben grosa. Eran irmás.
Un día estabamos a tía Irene e mais eu na cociña e a min deume por abrir a lavadora namentres lavaba. Aquelo encheuse de auga, e a tia para que non me rifaran limpou todo.
A tía Manuela contabame contos. Lembro un dun raposo e unha pega.
Habia unha pega que tiña o niño feito nunha pola moi alta nunha árbore, e vivia nel cos seus fillos.
Un día chegou o raposo famento, e tentou coller o niño. Cando viu que non podia, puxo o rabo teso (ejem, que mal soa) e berroulle á pega:
- Ai pega! Ou me tiras un dos teus fillos ou co meu rabo serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
A pega tremia moito, tiña moito medo, pero non queria que o raposo tirase a árbore e collese a tódolos seus fillos, así que tiroulle un.
O raposo marchou ledo. Ó cabo duns días voltou.
- Ai pega! Tirame un dos teus fillos ou co meu rabo serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
A pega choraba, queria ós seus fillos e non llos queria dar ó raposo para que os comera. Pero pensaba que así salvaría a algún, e tiroulle outro.
Foron pasando os días, e cada pouco tempo o raposo ía á árbore a pedir unha peguiña. Ata que chegou o día que á pega só lle quedaba un fillo.
- Ai pega! Quero comer! Tirame un fillo ou serrarei e serrarei e a árbore tirarei!
Pero a pega, que á forza de chorar e de cavilar atopara a solucion, berroulle ó raposo.
- Non has tal! E logo que pensas serrar co rabo se non é unha serra?
E o raposo tivo que marchar porque a pega descubrira o conto.

É un conto moi macabro, a verdade. Pero gustabame moito. Lembro que pensaba no raposo berrando na árbore.

A miña avoa tamen me contaba moitas cousas. Diciame que cando fose grande as poderia escribir a máquina e publicar ^_^ "Os contos da avoa" dicia.
Pero a miña memoria fallou e só me lembro de dous contos. Un é o de Palo sal del saco! e o outro a historia de Luz Divina. Dalí saiu a miña teima por chamarme Luz Divina del Coral, jajaja, menos mal que crecín e me pasou!