domingo, noviembre 20, 2005

Onte fun a Santiago pola tarde. Queria ir ver a exposicion de Frida Kahlo.
Despois de chegarmos ali, estabamos famentos. Rematamos facendoo nun Burger King. Vimos moitos restaurantes de turistas, pero claro, caros e con moita pose.
Non quixemos ir á zona nova por non alonxarmonos moito.
Tivemos que facer cola para entrar na exposicion, que por certo, era gratuita.
Gustoume moito. Habia, ademais de cadros, traxes da época e fotografías. O nome dos cadros e de todo estaba en galego (impensable aqui) e os comentarios en galego, castelan e ingles. Ben por Santiago.
Eran especialmente tristes os cadros relacionados co aborto de Frida. Ten mérito conseguir transmitir toda esa tristeza mediante a pintura, e ela era quen de facelo.
As fotos estupendas tamén. Frida, por moito que digan, era bela. E nas fotos demostrabao. Tamen se lle via a elegancia, e era sorprendente a foto dela no hospital, bicando ó seu marido Diego, que lle puxo os cornos coa súa irmá.
Incribles as penurias polas que pasou, o accidente que sufriu e o aborto. Pode non gustar a súa pintura, pero había que recoñecerlle a forza e a valentía.

Ó sair achegouse á entrada un turista. Preguntou se habia folletos explicativos e a rapaza dixo que non. O home dixo "Que tacaños!"
A rapaza que era todo gratuito, e o home que noutras exposicions gratuitas habia folletos. Así que a rapaza atallou a discusion e dixo que en 10 minutos comezaba unha visita guiada, o home quedou entusiasmado e correu a apuntarse.